Alejandro Fuentes, cônsul da República de Cuba para a Galiza
O cónsul xeral de Cuba para Galiza, Asturias e Cantabria, Alejandro Fuentes, asegurou hoxe en Santiago de Compostela que o país caribeño é vítima dunha "conspiración mundial" protagonizada polos medios de comunicación que "manipula e omite datos reais" que reflicten os "incontables logros" da Revolución cubana.
  Nunha rolda de prensa con motivo da presentación dun acto de celebración do 50 aniversario da Revolución cubana, Alejandro Fuentes describiu a situación pola que atravesa o Goberno de Cuba e culpou aos medios internacionais de publicar "os avances conquistados polo seu país en letra pequena".
  Neste sentido, sinalou que lle parece "sospeitoso" que un país pequeno como Cuba, de "só" oito millóns de habitantes, teña "máis resonancia mediática que moitos países desenvolvidos". Ao seu xuízo, a superficie dos medios "debería estar enchida" de alusións aos "xenocidios" que comete Estados Unidos "por todo o mundo".
  Deste modo, o cónsul afirmou que "a liberdade de prensa é unha falacia" que os poderosos "manexan o seu antollo". Tras estas palabras, apostilou que "se verdadeiramente se exercese este dereito", os espazos de expresión encabezarían unha "campaña de combate" contra a fame, que se cobra 800 millóns de vidas ao ano", e contra a proliferación de armas.
Guerra económica
  En concreto, referiuse ao tratamento que se lle dá a escala internacional á información dos 25 xornalistas presos en Cuba. Así, asegurou que "todos eles foron subornados para subvertir a orde" en Cuba" e engadiu que no Estado español, tales delitos "tamén suporían a privación da liberdade dos que os cometen".
  Así mesmo, o diplomático sostivo que a pesar de que o Goberno norteamericano "leva dous séculos de acoso" á soberanía de Cuba, "as conquistas da Revolución seguen vixentes". Manifestou que a liberdade de Cuba está por enriba da "guerra económica", en referencia ao bloqueo do país veciño.
  Inquerido sobre os cambios económicos que suporá a ascensión de Raúl Castro á dirección de Cuba, Alejandro Fuentes augurou que se vai incidir nunha maior apertura" ao intercambio comercial con outros mercados. En todo caso, mostrouse confiado en que iso non implicará renunciar á "esencia" do movemento revolucionario.
  Segundo explicou, a Revolución cubana, que cumpre medio século de existencia o primeiro de xaneiro, en cinco décadas "logrou erradicar o analfabetismo, reducir a mortalidade infantil ao mesmo nivel que os países industrializados, prolongar a esperanza de vida en case 20 anos e multiplicar a cantidade de graduados universitarios".
  A conferencia que presidirá o cónsul cubano Alejandro Fuentes ás 20.00 horas no Club Internacional de Prensa de Santiago exporá as circunstancias que se lle formulan "nestes tempos de transición" ao pobo cubano.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |