A taxa de paro no estado español rolda o 20%, uns 4 millóns de parados e paradas, aínda que hai comunidades como a Canaria e a Andaluza que se sitúa no 25%, e provincias como Almería na que pasa do 30%. A situación é desoladora. Mentres, o goberno socialista? de Zp confía a creación de emprego á Confederación de Empresarios, esa que preside o explotador, ladrón e estafador chamado Díaz Ferran. Zp dálle as ovellas ao lobo para que llas coide. España é o segundo estado da Unión Europea que máis emprego destrúe e as medidas do goberno son darlle máis cartos aos empresarios e bancos, cartos recadados coa suba de impostos á clase traballadora, impostos que tamén pagan os parados e paradas. Neste ano 2010 no que chegaremos aos 4,5 millóns de parados, aprobaron unha suba de impostos (por exemplo o IVE) e servizos por riba do IPC. O IPC estará, previsiblemente por debaixo do 1% mentres que algúns servizos alcanzarán subas do 6%, coma no caso do transporte público que tanto din defender. Curioso socialismo este de gravar ao pobo para darlle os cartos aos ricos
A taxa actual de paro en Alemaña está no 8% e o goberno, escandalizado con esta taxa un 12% inferior á española, tomou coma medida o reparto do traballo reducindo eventualmente a xornada laboral. En Francia, cunha taxa algo inferior ao 8% houbo dúas folgas xerais reclamando medidas urxentes. E no estado español?, no estado español falan de crise internacional coma se aquí non houbera culpábeis: onde están todos eses cartos que antes había? Non ten responsabilidade algunha o goberno por non ter creado unha estrutura económica baseada na produción e non na especulación do ladrillo? Quen ten entón a culpa de que España vai ser un dos estados que máis tarde saian da crise? Os mesmos que negaron a existencia da crise falan agora do ano 2013 como o primeiro para ter algún dato positivo.
En Galicia temos uns datos de paro que roldan o 15%, por debaixo da media española, e polo tanto aínda non estamos a sufrir a crise con moita dureza. Temos que prepararnos e non deixarnos durmir por cantos de serea. O problema está claro, O SISTEMA CAPITALISTA NON SERVE, tanto PP como PSOE serven ao mesmo amo, o capital. Os sindicatos maioritarios, UGT e CCOO, comen do sistema e non moverán un dedo máis que para aceptar unha nova reforma laboral, leve o nome que leve.
Veñen momentos duros para a clase obreira, momentos de loita e represión. As “democracias” da UE xa comezaron a ilegalizar partidos comunistas en Turquía e Chequia ante o crecemento que estaba a experimentar con motivo da crise; as “democracias” do mundo xa prenderon preventivamente, en Dinamarca no cumio do medio ambiente, a 937 ecoloxistas; as “democracias” europeas xa crearon un laboratorio de vixilancia para movementos antisistema, coma se ir contra o capitalismo fora igual que matar alguén. Esta é a súa democracia e o seu socialismo: vota cada catro anos o que nós digamos, vai por onde digo e cala boca mentres roubamos democraticamente durante eses catro anos; mentres nós asistimos como espectadores pagando, eso si, entradas de luxo obrigatorias.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1.- Adiante coa CUT
eu|12-01-2010 14:26
FOLGA XERAL NACIONAL, XA  !!!
Valoración: 3
| Avisar provocación