Buscar  
A CIG abre a "caixa de resistencia" para compensar os metaleiros en folga
O sindicato nacionalista abonará 10 euros por cada día de paro, 20 no caso dos afiliados con máis dun ano de antigüidade.
Vieiros | 3-7-2009 a las 20:24 | 1236 lecturas | 3 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/cig-abre-caixa-resistencia-para-compensar-os-metaleiros-folga
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
O responsábel de negociación colectiva do sindicato  CIG, Antolín Alcántara, anunciou este venres en Pontevedra que a central nacionalista empregará a súa "caixa de resistencia" para compensar os traballadores que manteñen a folga do metal. 

En concreto a CIG abonará 10 euros por cada día de paro que subscriban os manifestantes, contía que no caso dos afiliados de máis dun ano de antigüidade ascenderá a 20 euros.

"Os que levades de loita todos estes días dámonos conta que estades soportando unha situación, se non dramática polo menos, preocupante. Parécenos que todos aqueles que estivestes aguantando esta loita e soportando esta folga en pé debedes ter unha compensación", manifestou Alcántara.

"Non é moito pero vaivos axudar"
 
A central sindical recollerá a partir de agora unha copia das nóminas dos meses de maio e xuño para certificar os días de folga e abonar esta axuda. "Sei que non é moito pero vaivos axudar, e sei que o necesitades", apuntou o dirixente sindical durante a asemblea. 

"A loita faise así, aguantando e axudando, actuando solidariamente, se non non ten sentido", sinalou o dirixente sindical da CIG. "Estamos seguros de que imos gañar isto, con todos e para todos, isto vaise solucionar", proclamou Alcántara que expresou o seu desexo de que regrese a unidade sindical.
http://www.vieiros.com/nova/75221/a-cig-abre-a-caixa-de-resistencia-para-compensar-os-metaleiros-en-folga
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (3)

#1

03-07-2009 22:13

jo ta ke!
gora proletarioak

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#2.- Antiguamente

04-07-2009 17:43

Este de la caja de resistencia era un recurso que se utilizó en el siglo pasado y, con las limitaciones imaginables, permitía que las huelgas tuvieran más consistencia. Habida cuenta de la situacion actual, no sería malo que algunas centrales se planteasen de nuevo esta arma.

Valoración: 1    |  Avisar provocación

#3

08-07-2009 00:38

Compañeir@s facede pública algunha conta na que o resto de traballadores e cidadáns poidamos aportar algo  para apoiar e compartir  este sacrificio económico. saúde.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)