Os manifestantes saíron da Porta Nova e remataron o percorrido no peirao despois de ler distintos comunicados en sitios representativos da cidade. As críticas foron dirixidas principalmente aos promotores da planta de gas e institucións que hoxe por hoxe son responsabeis dos grandes males ambientais que sofre o territorio galego.
Ao final da manifestación deuse lectura a un comunicado no que se criticaba a política desenvolvimentista de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil, a privatización do que sempre foi noso, dos nosos montes, ríos, do Courel ou da Terra Cha. Unha política que supón depredar o territorio para mercantilizalo en proveito das grandes empresas a costa de deteriorar o medio ambiente, a paisaxe e o tecido económico e social.
Tamén se salientou o desvarío do falso progreso que antepón o tren de alta velocidade aos trens de proximidade, as piscifactorías aos métodos tradicionais de pesca, a produción de megavatios ao consumo responsábel de enerxía, e a construción de autroestradas ao fomento do transporte público.
Para rematar proclamouse que o benestar colectivo non pode basearse na explotaciópn das persoas nin da terra que habitamos. que este modelo ten alternativa, e que goberne quen goberne, Galiza non se vende
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |





