Así, os tres sindicatos manteñen o paro indefinido polo convenio colectivo. Anuncian mobilizacións en Santiago para a vindeira semana.
O representante de CC.OO., Ramón Sarmiento, explicou que na asemblea desta mañá decidiuse, nunha votación "axustada", manter a convocatoria de folga e descartouse "entrar a valorar" a proposta sobre o convenio realizada polos mediadores da negociación, posto que xa onte tanto a CIG o sindicato maioritario– como UGT a rexeitaron.
Sarmiento indicou que, inicialmente, expuxera a posibilidade de realizar un "referendum" para que todos os traballadores decidisen sobre a proposta dos mediadores, pero, unha vez que os outros dous sindicatos expresaran o seu posicionamento, considerou que agora "sería inviable" realizar a consulta.
Así mesmo, considerou que o "desexable" sería unha "tregua", en referencia a unha desconvocatoria de paro mentres se reflexionaba a proposta no prazo dado polos mediadores (até o 30 de xuño), aínda que finalmente decidiuse manter a folga indefinida.
UGT tamén segue
Pola súa banda, o portavoz de UGT, Manuel Golpe, explicou que o seu sindicato celebrou hoxe unha nova reunión -–onte xa mantivo unha asemblea na que se acordou o rexeitamento á proposta dos mediadores da negociación e non desconvocar a folga– onde acordou manter o citado paro indefinido "até o día 30 de xuño".
Ese día, en función dos resultados da reunión fixada co obxectivo de que patronal e sindicatos trasladen aos mediadores as súas posturas sobre a oferta realizada, "tomarase unha decisión". No entanto Golpe avanzou que UXT non sería "partidaria" a manter a folga durante xullo e agosto posto que "a metade da xente estaría na rúa e a outra metade de vacacións".
A CIG insiste
O representante da CIG, Antolín Alcántara, xa anunciou onte nunha asemblea en Praza do Rei que rexeitaba a oferta realizada polos mediadores e, nese sentido, afirmou hoxe, en declaracións aos medios, que a formulación económica é "insignificante", polo que se mantén a folga.
En canto a próximas mobilizacións, destacou que a próxima semana os traballadores viaxarán a Santiago porque "é o corazón" de Galicia e, dada a envergadura do conflito do metal, este "ten que levar ás portas do Parlamento e da Xunta". O sindicalista acusou o Executivo galego de "non ser favorable aos traballadores" xa que, ao seu xuízo, "o que fixo foi alimentar máis as expectativas dos empresarios".
Os sindicatos din que a folga non afectará os prazos de entrega de buques
Sobre á situación dos estaleiros, que onte advertiron de "quebras en cadea" e perdas millonarias se continúa a folga –que lles afecta debido a que gran parte da man de obra provén da industria auxiliar, rexida polo convenio provincial–, Alcántara asegurou que estes "saben" que "podemos gobernar o conflito de maneira que se poida seguir producindo".
Neste sentido, asegurou que unha vez que se regule a contratación no naval "aínda que a folga continúe" –se non se chegou a un acordo sobre o convenio-- poderase desenvolver de tal forma que non prexudique aos prazos de entrega dos buques.
Así mesmo, preguntouse por que se lles reclama e responsabiliza aos sindicatos , cando, ao seu xuízo, "a responsabilidade é dos empresarios" que negocian o convenio colectivo. "Prefiren ver caer o sector antes que chegar a un acordo?", espetou.
Pola súa banda, o representante de CC.OO., Ramón Sarmiento, lembrou a difícil situación das empresas do naval e asegurou que a súa situación "non se resolvería nin con xornadas de 8 horas, senón traballando ao 150 por cento". 
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1
25-06-2009 22:52
AÍ MOI BEN TODOS XUNTOS CONTRA A PATRONAL
Valoración: 7
| Avisar provocación
#2.- porque
solidario|25-06-2009 23:07
  Os empresarios capitalistas e  feixistas, prefiren perder mil millons en sancions por non entrega de pedidos, que deixar de embolsar dous millons en incremento salarial. Ou sexa a diferencia e de novecentos noventa e oito millonsna sua contra.(Ver portada do Faro de Vigo  de hoxe sobre as suas " perdas ".
  Porque eSSes poliças tan eficientes non van, enviados polos xuices tan democratas, e pola axencia tributaria tan equitativa, a facerlles auditorias os capitalistas e explotadores do metal. Adiante a unidade sindical e dos traballadores!.
Valoración: 11
| Avisar provocación
#3
25-06-2009 23:14
adiante a unidade obreira
Valoración: 11
| Avisar provocación
#4
25-06-2009 23:18
Adelante compañeros de ccoo !
Valoración: 0
| Avisar provocación
#5
26-06-2009 02:53
Que se manteña, que se manteña. Compañeiros máis conscientes e combativos de ccoo, aqueles que tendes posicións de clase,  non cedades aínda que vos presionen os burócratas pactistas da vosa dirección. E o resto do sindicalismo o mesmo.
Valoración: 14
| Avisar provocación
#6.- Videos da CIG
Videos|26-06-2009 17:53
olá, por que nom incluides os excelentes vídeos que há da greve realizados pola CIG???????
  http://www.galizacig.com/avantar/multimedia/videos/26-6-2009/17-xornad
http://www.galizacig.com/avantar/multimedia/videos
http://www.galizacig.com/avant
http://www
http://www.galizacig.com/avantar/multimedia/videos/22-5-2009/o-naval-
http://www.galizaci
http://www.galizacig.com/avantar/multime
Valoración: 1
| Avisar provocación