Buscar  
Cadea perpetua.
O tráxico asasinato da moza Marta del Castillo, ademais de consternar á opinión pública, como o fixeran antes outros crimes semellantes, provocou o rexurdimento do debate arredor da cadea perpetua.
Xabier Pérez Igrexas | Para Kaos.Galiza | 21-2-2009 a las 1:15 | 1359 lecturas | 3 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/cadea-perpetua
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Artículo/noticia publicado/a en Kaosenlared.net en el apartado de Libre Publicación NO seleccionada/o por el Colectivo Editorial
O tráxico asasinato da moza Marta del Castillo, ademais de consternar á opinión pública, como o fixeran antes outros crimes semellantes, provocou o rexurdimento do debate arredor da cadea perpetua.

Zapatero vai recibir á súa familia o vindeiro martes en Moncloa, como xa fixera antes coa de Mari Luz.

Os medios de comunicación de masas, coa súa cobertura obscena, demostraron novamente a súa predilección que polo morbo dita a necesidade de aumentar ou soster un share determinado, destacadamente no caso das televisións. É repugnante ese aproveitamento indigno dunha traxedia, e nada ten que ver co dereito á información, que é un dos alicerces de toda democracia.

A reiteración na exposición da imaxes da vítima e tamén dos presuntos, inda que confesos, homicidas ou a narración novelesca, cando non sensacionalista, dos acontecementos son algúns exemplos dese noxo televisado.

A incidencia social dos medios de comunicación de masas é tal que son capaces de crear grandes figuras públicas, ás veces resultantes dalgún bodrio de reallity, outras a costa do sufrimento ou da solidariedade social que xorde perante a traxedia.

No caso do pai de Mari Luz, vimos como os medios de comunicación outorgábanlle un status de actor político, sinxelamente por ser o pai dunha nena cruelmente asasinada, e foi desa volta cando o debate arredor da intensificación das penas de cadea e mesmo da propia cadea perpetua, comezou a ocupar importantes cotas de pantalla mesmo en prime time. A xustiza esixe obxectividade, de aí que as vítimas nunca son xuíces.

Perante desgrazas como a de Mari Luz, Marta del Castillo, Sandra Palo, ou tantas vítimas de crimes violentos e inxustos, con repercusión pública ou sen ela, só   nos xorde a indignación, o pesar e a máis profunda solidariedade coas súas familias e achegados.

É lóxico, e mesmo normal, que cando estas cousas acontecen a sociedade se pregunte se se está a facer todo o posíbel por evitalo. No fondo, por empatía, sentímonos en parte responsábeis do acontecido e cuestionámonos se non se podería ter evitado.

Porén, non é razoábel facer unha proposición dese calado, como é a posíbel instauración da cadea perpetua, en quente, baixo o shock e a consternación propios deste tipo de situacións. Máxime cando a proposta entra en colisión de cheo co artigo 25.2 da Constitución polo que se proclama a función rehabilitadora e de reinserción que debe ter a privación de liberdade.

Por outra banda hai que ter en conta que o actual código penal, trala última reforma feita polo PP, establece en 40 anos o límite máximo no cumprimento das condenas, o que representa de facto unha cadea perpetua encuberta. Inda así hai que recoñecer que algúns aspectos a Lei de Enxuizamento Criminal, precisa de correccións e actualizacións, tal e como sinalan numerosos xuristas.

É certo, tamén, que se teñen detectado numerosas disfuncións, cando non erros, nos mecanismos que no seo das prisións teñen que primeiro rehabilitar, e despois valorar axeitadamente se o reo pode ser reinsertado en liberdade. Por non falar dos fallos xudiciais, e da reforma da xustiza nunca abordada e de primeira necesidade.

Con todo, lonxe da pulsión á que nos forza a sensibilidade, é preciso reflexionar dun xeito máis profundo e global. Porque as leis non se deseñan para un único perfil de delincuente, nin para un único caso, nin para unha única circunstancia, e a súa redacción ten un impacto global.

Cando alguén pide que o delincuente podreza na cadea, non está a pedir xustiza, clama vinganza. E esa petición é humanamente comprensíbel nas familias e nos achegados das vítimas, como o sería que pedisen poder tomar a xustiza da súa man, cousa que socialmente convimos non permitir.

É preciso sermos quen de facer esa diferenciación, entre o que é xustiza e o que pretende ser vinganza, para abordarmos este debate con seriedade, e non caer nunha confusión de calado.

Ao final este debate versa arredor da concepción da prisión e de que función debe ter a privación de liberdade, e o razoábel é que se dea con claridade precisamente neses termos, abandonando toda caste de subterfuxios dialécticos.

As posicións non son novas, hai quen defende que o cárcere debe ter por obxectivo castigar, e aqueles que concibimos o castigo da privación de liberdade como un medio necesario de cara a rehabilitación e posterior reinserción dos delincuentes no seo da sociedade.

Claro que un sistema xurídico garantista abre ocos para o delito. Porén, hai quen seguimos acreditando en que máis vale un culpábel ceibe que un inocente na cadea. Sen esa idea, sen corrermos ese risco, non poderá haber xustiza que mereza de tal nome, tan só desexos de vinganza, ou a nova formulación populista da lei do Talión.

O problema é grave e complexo, e require de algo máis que respostas simplistas.

http://www.contradiscurso.net
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Los mass media y la derecha extrema abren el debate sobre la cadena perpetua legal

Kaos. Analisis de la comunicación | Tras los luctuosos crímenes cometidos estos meses se ha iniciado una fuerte campaña,en los mass media más amarillos, en favor de la cadena perpetua la que siempre defendió la extrema derecha española
[23-2-2009] | 3277 lecturas | 32 comentarios

[Málaga] Crónica de las concentraciones contra la Cadena Perpetua del 16/02/2009

CNT-AIT Málaga | Pro-PresxsEl pasado lunes día 16 de Febrero de 2009, el Sindicato de Oficios Varios de CNT-AIT de Málaga convocó dos concentraciones enmarcadas en la campaña contra la cadena perpetua,
[19-2-2009] | 812 lecturas | 1 comentario

Comentarios (3)

#1.- A chantaxe emocional e o fascismo

GZlivre!|21-02-2009 23:46

O fascismo está a aproveitar a dar un paso adiante en toda Europa aproveitándose das dúbidas existenciais que xenera na sociedade calquer período de crise. Nos, os traballadores, deberiamos ser quen fixesen deste complexo momento unha porta para a esperanza do cambio. As probas son cada vez máis evidentes de que é necesario, unívoco e xusto. Mais a falta dun liderazgo coas ideas verdadeiramente craras, valentía para as levar a cabo e suficiente presenza social como para movilizar ó povo traballador estannos facendo perder un tempo valiosísimo. Cicais unha casualidade encenda a isca que poña a historia da nosa parte esta vez, ogalllá, porque as oportunidades non pasan cada ano pola porta dos sin privilexios.

Mais como digo é o fascismo o que está tomando a dianteira en Europa, empeza a se sentir forte porque sinte certo apoio popular (un povo confuso, cabreado e necesitado de respostas que non chegan é máis fácil de manipular) e apenas oposición cando non benevolencia dende o poder oficial. Os casos máis craros cicais sexan Inglaterra e Italia, pero aquí abofé que tamén o estamos a notar. Coma por exemplo o 8F en Compostela ou no día de hoxe en Madrid.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#2.- A chantaxe emocional e o fascismo (II)

GZlivre!|21-02-2009 23:48

Decía o pobre pai de Marta. Os políticos que miren para abaixo! E tiña razón. Mais no ofuscación da súa infinita (e comprensível) raiba, non se decataba de que precisamente estaba a formar parte dunha manipulación política ultradereitista brutal. Cómo non sentir empatía por ese pai. Como negarlle o seu dereito ó odio. Qué fácil é pedir vinganza cando te asulaga a raiba e a necesidade dunha xustiza que xa non é posível, pois esa vida nunca vai voltar ó carón dos que a quixeron. E como opoñerse ás peticións nacidas dunha dor tan descarnada.

Parez que si te opos, é porque non sintes a morte da meniña o suficiente. Que non tes corazón. É ahí o escudo que usa o fascismo. Ese chantaxe emocional que ven coñecen os acólitos da AVT. E hai que ter templanza e firmeza ó mesmo tempo para os combater. Fuxir da tibieza. E marcar craramente cal é o sitio de cada cal. Porque a historia nos demonstra que unha reacción tardía ou morna supón o sacrificio de moitas vidas. Non me sinto un iluminado, inda que moitos me din que esaxero cando veño con estas lerias. Pero advirto tempos difíceis, non só no económico senon no ideolóxico. E seríanos moi interesante ir tomando posicións firmes canto antes.

Telediario A3 desta noite, a seguinte noticia á da concentración en Madrid pedindo a Cadea Perpetua foi: Asasinan a un home de NACIONALIDADE ESPAÑOLA no medio da rúa. O homicidade, que era de NACIONALIDADE DOMINICANA...

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#3.- A chantaxe emocional e o fascismo (III)

GZlivre!|21-02-2009 23:53

Están disparando con bala, e non basta con agochar a cabeza para ver si a bala non nos da a nós. Cicais sexa o momento de empezar a prepararse para a batalla.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Opinión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)