Buscar  
Caça à raposa na Galiza: Insultos, coitelos e escopetas
Ecoloxistas denuncian ameazas dalgúns dos cazadores na 'VI Copa de España', este sábado no Deza.
Vieiros | 24-1-2009 a las 18:01 | 2137 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/caca-raposa-na-galiza-insultos-coitelos-escopetas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

O coordinador executivo de Adega, Martiño Fiz, advertiu de que buscará a información acerca dos animais cazados este sábado na 'VI Copa de España de Caza de Raposo' que tivo lugar en Rodeiro (Deza), para "comprobar se superaron a cota de raposos" estabelecida para os tecor -terreos cinexeticamente ordenados. 

Un dato que tamén recoñeceu descoñecer, Eladio Ferreira, director de Equanimal, xa que o lugar ao que levan os animais mortos "é algo que ocultan" os participantes. 

Fiz recordou que nun torneo como este, "no que se premia o que máis caza", é posíbel que se superasen os límites nalgunhas zonas. Segundo indicou, o seu grupo seguiu unha cuadrilla na Golada, tamén na comarca dezá, mais non tivo incidentes cos cazadores. 

Non foi o caso do grupo de Ferreira. Este explicou tres casos en que un cazador ameazou -cunha escopeta, cun coitelo e verbalmente- un membro da asociación por facer fotos e gravar as actividades durante a competición. 

A iniciativa, "todo un éxito"

O membro de Equanimal cualificou o resultado da iniciativa como "todo un éxito" porque os máis de 200 voluntarios que se desprazaron até o lugar conseguiron evitar que algunhas persoas cazasen animais, seguindo as cuadrillas e facendo ruído para escorrentar os raposos. 

Ás 13.00 horas todos os grupos reuníronse fronte á casa onde comeron os cazadores, en Rodeiro, para protestaren e leren manifestos en contra deste tipo de eventos. Pola súa banda, a Federación Galega de Caza defendeu a xornada como "un día normal" desta práctica, que está permitida e "amparada pola legalidade".


Caza de raposo: mil escopetas "ao amparo da legalidade"

  "Respectamos que a alguén non lle guste, igual que lle pode gustar non comer carne ou casar pola igrexa", afirman dende a Federación Galega de Caza.

A Federación Galega de Caza explicou que arredor dun milleiro de participantes se reunirán "ao amparo da legalidade" este sábado en Rodeiro (Deza) para participar na sexta edición da 'Copa de España de Caza de Raposo'.

"Respectamos que a alguén non lle guste, igual que lle pode gustar non comer carne ou casar pola igrexa", razoou o seu presidente, Xosé María Gómez Cortón, que atribuíu as críticas de diferentes grupos ambientalistas a un "debate de crenzas".

Asegurou que Galiza conta coa maior poboación de raposos do Estado debido a que esta especie "non está excesivamente perseguida", e asegurou que que a súa práctica non causa "afectación" ao ambiente.

Ademais, Gómez Cortón recordou que a Fiscalía de Medio Ambiente "nin sequera" admitiu a trámite a denuncia de distintos colectivos para impedir que se organice o torneo posto que, insistiu, o debate é "de crenzas" e non "ambiental ou legal".

Neste senso, diversas asociacións ecoloxistas como Adega e Matar por Matar, Non mobilízanse este sábado dende primeira hora da mañá para "facer ruído", asustar os raposos e evitar, deste xeito, que sexan branco dos milleiro de escopetas chegadas a Rodeiro dende todo o Estado.
 

http://www.vieiros.com/nova/71549/insultos-coitelos-e-escopetas
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

VI Campeonato Nacional de Caza de Zorro en Galicia

Julio Ortega Fraile | Maltrato Animal: Un Crimen LegalCuando la Sociedad y sobre todo los gobernantes, no toman conciencia de la necesidad de erradicar ciertas conductas, se hace necesario recurrir a las denuncias y a los actos de protesta
[18-1-2009] | 1344 lecturas | 1 comentario

Entidades ecologistas assinam manifesto contra a caça à raposa na Galiza

Kaos. Galiza | Mais de umha dezena de colectivos ambientalistas galegos promovem um manifesto em que criticam o papel da Administraçom autonómica (PSOE e BNG) ao financiar a caça à raposa.
[7-1-2009] | 1040 lecturas | 1 comentario

Enero 2009: Nueva matanza de raposos (zorros) en Galicia

Julio Ortega Fraile | Maltrato Animal: Un Crimen LegalEl 10 de Enero de 2009 tendrá lugar una nueva Edición del Campeonato Provincial de Caza de Raposo en Galicia, una competición "deportiva" en la que gana aquel que consiga matar más zorros.
[1-1-2009] | 1257 lecturas | 3 comentarios

Comentarios (1)

#1.- trapalleiro de conselleiro pachi

Jonsas|25-01-2009 17:22

A CULPA E DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE QUE PERMITE Y AUTORIZA ESTAS TROPELIAS DE MATANZAS DE ANIMALES PARA CONTENTAR A UNOS CUANTOS

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Ecología Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)