Buscar  
A Asemblea de Xornalistas chama a empresas e Xunta a garantir a continuidade do emprego en condicións dignas
o documento aprobado pola asemblea convida ós sindicatos de clase "a implicarse na defensa do colectivo do mesmo xeito que fan con outras profesións".
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia | Para Kaos en la Red | 16-12-2009 a las 17:19 | 1176 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/asemblea-xornalistas-chama-empresas-xunta-garantir-continuidade-do-emp
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

[14/12/2009] A IX Asemblea de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), reunida o sábado en Santiago, aprobou o informe presentado polo seu decano, Xosé Manuel Pereiro, no que fai un chamamento a Xunta, empresas e sindicatos a implicarense na defensa dos empregos en condicións laborais dignas.

En concreto, o informe insta á Xunta "a velar polo cumprimento da legalidade e a vencellar as axudas públicas a proxectos empresariais e ao mantemento do emprego". Das empresas reclama "un esforzo para manter os postos de traballo que lles permitiron no pasado obter beneficios". Por último, o documento aprobado pola asemblea convida ós sindicatos de clase "a implicarse na defensa do colectivo do mesmo xeito que fan con outras profesións".

O máximo órgano de representación do CPXG ofreceuse de novo a colaborar nas accións reivindicativas convocadas polo Sindicato de Xornalistas de Galicia, tal e como fixo ó longo do ano que remata.

O decano, Xosé Manuel Pereiro, constatou no seu informe que "a situación laboral é, a día de hoxe, a principal preocupación dos xornalistas" e alertou de que "a reducción de persoal nas redaccións indice negativamente na calidade dos contidos e lesiona o dereito dos cidadáns a recibiren unha información, plural e de calidade".

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebrará o vindeiro ano o décimo aniversario da súa constitución, aprobada polo Parlamento de Galicia. Pereiro convidou a abrir unha reflexión sobre os vindeiros dez anos "que serán os peores da historia para os medios de comunicación, pero, para o periodismo, van ser dos mellores". "O camiño que queda por percorrer é longo, pero nunca se deu un segundo paso sen dar antes o primeiro", concluíu.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia felicita a Manuel Rivas

A IX Asemblea do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, celebrada este sabado en Santiago, acordou, a proposta do decano, Xosé Manuel Pereiro, felicitar a Manuel Rivas na súa toma de posesión como membro numerario da Real Academia Galega.

O CPXG acordou felicitar a Rivas, o primeiro colexiado en activo e tamén o primeiro xornalista en exercicio que entra na RAG, pola súa traxectoria profesional e literaria, que sempre discurriu, segundo salientaron os asistentes á Asemblea, na defensa dos valores democráticos e do idioma e da cultura de Galicia.

O recente académico é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Formou parte da primeira Xunta de Goberno do CPXG. Traballou en varios xornais galegos, en TVE e TVG, fundou e dirixiu a revista Luzes de Galicia. Desde hai tempo, e na actualidade, desenvolve o seu labor profesional no xornal El País.

XUNTA DE GOBERNO DO CPXG 

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

xornalistas@xornalistas.com
www.xornalistas.com

Tel. 981 93 56 70
Fax 981 93 56 69

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Análisis de la Comunicación Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)