Buscar  
As Transnacionais contribúen a aumentar a fame. Os labregos e labregas ofrecen solucións
Comunicado de prensa da Via Campesina dende o foro "Soberanía Alimentaria dos Pobos Xa!", paralelo ao cumio mundial da FAO sobre a seguridade alimentaria...
Sindicato Labrego Galego | 18-11-2009 a las 1:14 | 770 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/as-transnacionais-contribuen-aumentar-fame-os-labregos-labregas-ofrece
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

... que dende o pasado venres até hoxe están tendo lugar en Roma.

A Via Campesina esta aterrada diante da arrogancia do sector privado e especialmente de Nestlé, ao pretender ofrecer solucións á actual crise alimentaria, sendo coma son as mesmas transnacionais quen contribuíron activamente á creación desta crise.

Os comentarios do presidente de Nestlé* durante a Conferencia do sector privado e da FAO en Milán o pasado 12 de novembro resúltannos particularmente chocantes dadas as coñecidas campañas de Nestlé para fomentar fórmula do consumo de leite para bebes en detrimento de a lactación materna nos países en desenvolvemento.

Moitas transnacionais aumentaron os seus beneficios durante a crise alimentaria e xogaron un rol principal ao incrementar a fame no mundo mediante a toma de control sobre o sistema alimentario e os recursos produtivos como a terra e a auga, excluíndo a labregos e labregas da mesma produción alimentaria.

Estes actores privados presionaron por cambiar os modelos agrícolas de produción, forzando a modos produtivos intensivos e introducindo tecnoloxías e políticas como a dos agrocombustíbeis, os transxénicos e a liberalización do comercio co único interese de incrementar os seus beneficios. Os efectos destas estratexias corporativas das transnacionais fronte ao sistema alimentario son evidentes dadas as estadísticas que demostran o constante aumento nas cifras das persoas que sofren de fame no mundo.

Sobre o tema de transxénicos, Javier Sánchez, representante do sindicato campesiño COAG (membro da Vía Campesiña), declarou: “Existe un consenso global entre campesiños/as e consumidores/as sobre as tecnoloxías de OXMs que permiten ás multinacionais tomar o control sobre as sementes negando aos labregos e labregas a posibilidade de gardar as súas propias sementes. Labregos e labregas perden o dereito a producir alimentos libres de modificacións xenéticas, mentres que os consumidores e consumidoras perden o dereito de alimentarse con produtos sen transxénicos. Este é un claro exemplo de como a privatización dos recursos naturais vai na contra dos intereses comúns. Os consumidores en Europa, con razón, están rexeitando este tipo de tecnoloxías”

Henry Saragih, coordinador xeral da Vía Campesina observa que no seu país natal, Indonesia, Nestlé contribuíu directamente ao empobrecemiento do campesiñado e ao fomento da malnutrición particularmente entre os meniños e meniñas, a traveso do control da produción e do sistema de prezos dentro do sector leiteiro.

Durante o Foro “Soberania Alimentaria Xa”, paralelo ao Cume Mundial sobre Seguridade Alimentaria en Roma, as Organizacións da Sociedade Civil están propondo as solucións reais da soberania alimentaria.

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=413
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)