Buscar  
Actividade pola Obxección Fiscal en Vigo
O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin...
Espazo Aberto Antimilitar | 27-5-2009 a las 1:26 | 885 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/actividade-pola-obxeccion-fiscal-vigo
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

...ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.

Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de "Comida Non Bombas" de A Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto á Obxección Fiscal aos Gasto Militares. 

Será o sábado 30 de maio ás 20.30h. na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo. 

http://www.nonaogastomilitar.org
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (1)

#1

Antimilitarista|27-05-2009 10:45

Servizo de información sobre a Obxección Fiscal

O Espazo quere seguir dando a coñecer a Obxección Fiscal, por iso os martes: 2, 9 e 16 de xuño dende as 20.30 ás 21.00 estamos á vosa disposición na Cova dos Ratos (Romil 3 -Vigo-) para contarvos todo o que queirades -e saibamos- sobre a OF.
 
O prazo de presentación das declaracións da renda está aberto e queremos que fagades a OF, polo que se tedes algunha dúbida sobre como facela, modo de presentación, informacións do destinos..., ou calquera outra cousa alí nos podedes atopar.

Tamén podedes acudir a nosa web: www.nonaogastomilitar ou enviar un correo a:info@nonaogastomilitar.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Guerra / Criminalización / Represión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)